• ruta_del_agua.jpg
  • cabreiroa1.jpg
  • balneario_sousas2.jpg
  • interior_kiosko_sousas2.jpg
  • balneario_cabreiroa5.jpg
  • balneario_caldelinas1.jpg
  • interior_kiosko_sousas.jpg
  • balneario_sousas0.jpg
  • fontenova2.jpg
  • kiosko_sousas.jpg
  • balneario_caldelinas3.jpg
  • fonte_do_sapo.jpg
  • balneario_sousas1.jpg
  • hotel_cabreiroa3.jpg
  • balneario_fontenova0.jpg
  • cabreiroa3.jpg
  • sousas3.jpg
  • balneario_sousas3.jpg
  • balneario_cabreiroa4.jpg
  • interior_kiosko_cabreiroa.jpg
Imprimir
PDF

Patrimonio: Balnearios de Verín e Chaves


DÍPTICO VIRTUAL PATRIMONIO BALNEARIOS


Un Destino 2 Paises

Na área territorial de Chaves-Verín existe unha das maiores concentracións de manantiais de augas termais e mineiro-medicinais da península, recursos que constituen unha importante fonte de oportunidades para recibir a clasificación de Destino Turístico Termal e para desenvolver un área de excelencia turística centrada na saude e no benestar.

Existe ainda na actualidade, unha forte disparidade no aproveitamento destes recursos nas áreas de Chaves e de Verín. Chaves cunha oferta termal en donde se están desenvolvendo, nos últimos anos, importantes inversións para a sua renovación, e Verín centrada na explotación industrial das augas mineiro-medicinais (prantas de embotellamento) con destacadas marcas do mercado.

A consolidación dun espazo de excelencia turística termal na área Chaves-Verín require unha visión integrada: unha oferta innovadora e de calidade no eido das infraestruturas e servizos especializados (balnearios), unha oferta profesionalizada no eido da hostelería e da restauración, o desenvolvemento de servizos e actividades complementarias que dinamicen e creen sinerxias (centro de interpretación do termalismo, produtos de hixiene e beleza, actividades comerciais, culturais e de ocio, rutas turísticas, entre outras), e a existencia dun contorno amigable, saludable e medioambentalmente sostible.

O termalismo moderno surxe moito mais orientado ao ocio e o relax que a a idea decimonónica de curación de certas enfermidades e ese cambio debería ser un dos obxectivos do proxecto. Pero á vez, cabe aproveitar recursos coma a historia (recreación histórica da orixe romana das termas e a sua evolución), ou a natureza, para elaborar un conxunto de ofertas e produtos turísticos que incrementen o interese por este destino por parte dos eventuais mercados emisores.”


Axenda estratéxica da Eurocidade Chaves-Verín 2008

Durante o ano de 2009, a Eurocidade Chaves-Verín desenvolveu varias accións encaminadas na consecución de varios dos obxectivos propostos na Axenda Estratéxica da Eurocidade. Estas accións fomentan o coñecemento e aproveitamento dos recursos endóxenos da Eurocidade tanto polos propios habitantes da Eurocidade, coma por turistas e empresas do exterior. Así, de cara ao exterior, a Eurocidade  participou en diversas feiras nacionais e internacionais co obxecto de fomentar o turismo na Eurorrexión.

Un río e nove manantiais

Eurocidade: río e fontes…

Dous países, un río e nove manantiais

O río Támega flue a través da Eurocidade coma un eixo de unión entre todas a nosas terras  e pobos.

Dos acuíferos existentes mana un auga de calidade inigualable, recoñecida grazas ao seu aproveitamento actual, ben para tratamentos, ben coma auga embotellada.



Os manantiais mais reseñados son Cabreiroá, Sousas, Fontenova, Fuente do Sapo e Caldeliñas do lado galego e as Caldas de Chaves, Campillo, Vidago e Vilarelho da Raia do lado luso.

Na área territorial de Chaves-Verín existe unha das maiores concentracións de manantiais de augas termais e mineiro-minerais de Europa, recursos endóxenos que constituen unha fonte de oportunidades para alcanzar a clasificación de Destino Termal e así desenvolver un área de excelencia turística centrada na saude e benestar.

Esta abundancia de augas e consecuencia dunha falla tectónica, a fractura de Corga, que atravesa o territorio transfronteirizo e da lugar a unha elevada densidade de augas mineiro-medicinais no Val de Monterrey e Alto Támega. Esta orixe común failles compartir características fisicoquímicas e indicacións moi similares distinguíndose principalmente polas suas temperaturas de emerxencia.

Estas nove fontes, teñen propiedades e utilidades distintas, pero todas elas favorecen ao noso organismo, tanto por dentro coma por fora.

 Descarga Díptico_Patrimonio_Balnearios
Título do arquivo: Díptico_Patrimonio_Balnearios (Detalles)

< Novembro 2017 >
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30