17
Outubro
2012

Augas Termais para Crear Cosméticos

O Concello de Chaves estuda as características das augas termais para crear cosméticos


O concello de Chaves iniciou, este mes, un estudo para avaliar as potencialidades das augas termais na creación de productos cosméticos, que poidan posteriormente ser comercializados, según o indicado a Lusa por un técnico do concello, Agostinho Pizarro.

O estudo, según o responsable, ten por obxectivo valorar e aproveitar un recurso "fundamental" no concello de Chaves - a auga termal -, que é áncora de desenvolvemento económico local.

A avaliación das potencialidades das augas termais deberá estar concluida dentro de oito meses e conta cun orzamento de 17.500 euros, financiado nun 75 % por fondos comunitarios.

Agostinho Pizarro realzou que os beneficios da auga termal para o coidado da pel son indiscutibles, polo que a pretensión do concello e producir cosméticos feitos en base a auga, para logo comercializalos, e explicou, o estudo das características das augas das termas de Chaves indicará cales son as aplicacións posibles en áreas de cosmética, coma hidratantes, locións faciais, reafirmantes ou tónicos.

Engadindo que a realización de ensaios permitirá ademais un control de calidade e probar a eficacia e seguridade dos ingredentes nos cosméticos.
As propiedades terapéuticas das augas quentes da cidade son recoñecidas dende fai anos e teñen tradición milenaria na cura de doenzas músculo-esqueléticas, do aparello dixestivo e respiratorias.
A composición das augas (bicarbonatadas, sódicas, mesomineralizadas e gasocarbónicas) e única na Península Ibérica e brota a unha temperatura de 73ºC.


Volver