• kiosko_sousas.jpg
  • fontenova3.jpg
  • puente_balneario_cabreiroa.jpg
  • balneario_fontenova.jpg
  • hotel_cabreiroa.jpg
  • balneario_cabreiroa2.jpg
  • balneario_sousas2.jpg
  • balneario_cabreiroa5.jpg
  • balneario_cabreiroa8.jpg
  • balneario_sousas3.jpg
  • interior_kiosko_sousas2.jpg
  • fontenova2.jpg
  • sousas3.jpg
  • balneario_cabreiroa7.jpg
  • cabreiroa.jpg
  • balneario_sousas1.jpg
  • fonte_do_sapo.jpg
  • hotel_cabreiroa2.jpg
  • balneario_sousas0.jpg
  • kiosko_cabreiroa.jpg
Imprimir
PDF

Augas Minerais Naturais de Verín


CARTA VIRTUAL AGUAS MINERALES


SOUSAS

Caracterizadas coma augas bicarbonatadas sódicas, litínicas e lixeiramente fluoradas. Son de  mineralización débil, actúan coma excelente depurativo, diurético e desintoxicante. O seu contido en flúor convírteas en idóneas para seres consumidas regularmente por lactantes e nenos menores de 7 anos, evitando a fluorosis dental e caries.

Preséntanse en duas modalidades: con gas e sen gas.

Enderezo postal: Santa Cruz de Arrabaldo, 49
Teléfono: 988 510 304
Fax: 988 510 305
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo


CABREIROÁ

O segredo da sua excelente calidade reside, principalmente, no seu manantial e no entorno natural no que se asenta. Paga a pena contemplar a maxestuosa fachada do antigo hotel-balneario, que tamén tivo uso de cuartel e de hospital. A extracción da auga, a unha profundidade superior aos 100 metros, garantiza a sua pureza e a conservación de todas as sus propiedades.

Esta pranta envasadora situada a 1,2 km do núcleo urban de Verín, posúe tamén un gran edificio de balneoterapia construido en 1906, hoxe sen uso,
Esta pode beberse nunha fonte construida baixo un magnífico quiosco octogonal moi artístico, onde se observa, a través de dous cilindros de cristal, como surxe con gran cantidade de burbullas de gas e a unha temperatura de 17 ºC.

As augas deste emblemático manantial son clasificadas coma bicarbonatadas, sódicas, cálcicas, litínicas e acídulas.

Trátase de ugas con efectos dixestivos, diuréticos e relaxantes do sistema nervioso.

Comercialízase en tres modalidades: Cabreiroá con Gas, Cabreiroá sen Gas e Cabreiroá Única (Unha auga 100% natural, envasada con finísimas burbullas que brotan, de maneira natural do manantial, sen gas carbónico engadido). Orixe: Verín.


Enderezo postal: Estrada de Cabreiroá, s/n 
Teléfono: 902 117 597/ 988 590 015 
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo


FONTENOVA

Estas augas (carbónicas, bicarbonatadas, sódicas, fluoradas e litínicas) son beneficiosas para o aparello dixestivo.  Ofrécense en duas modalidades: natural con gas (fina, dixestiva e de mineralización alta), e natural sen gas (de mineralización suave). Orixe: Verín.


Enderezo postal: Avda. de Los Balnearios, s/n -32600 VERIN  
Teléfono: 988 410 087 / 988 410 155
Fax: 988 413 206

 

 Descarga Carta_Aguas_Minerales
Título do arquivo: Carta_Aguas_Minerales (Detalles)

< Setembro 2017 >
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30