• balneario_cabreiroa4.jpg
  • sousas3.jpg
  • balneario_cabreiroa1.jpg
  • puente_balneario_cabreiroa.jpg
  • interior_kiosko_sousas.jpg
  • balneario_cabreiroa5.jpg
  • balneario_caldelinas1.jpg
  • balneario_sousas3.jpg
  • hotel_cabreiroa2.jpg
  • balneario_cabreiroa8.jpg
  • caldelinas.jpg
  • Sousas.jpg
  • balneario_cabreiroa9.jpg
  • balneario_fontenova0.jpg
  • fontenova3.jpg
  • balneario_sousas1.jpg
  • ruta_del_agua.jpg
  • balneario_cabreiroa3.jpg
  • interior_kiosko_sousas3.jpg
  • Fontenova.jpg
Imprimir
PDF

Balnearios de Verín

 

MANANTIAL DE FONTENOVA

No ano 1904 foron declaradas de utilidade pública e no 1935 construíronse as instalacións balneoterápicas, que pecharon en 1960.

Na actualidade, posúe dous elementos arquitectónicos: pabellón de augas e balneario -de tipo mixto e caracterizado por unha arquitetura sen pretensións- e a envasadora -ubicada detrás da instalación anterior-. Ademáis, atopamos unha pequena zona verde adosada.

Situada a 400 metros do centro urban de Verín, a pranta de embotellado mantén ainda o antigo balneario, echado en 1962, cuias instalacións terapéuticas, ainda que modestas eran moi empregadas polos agüistas. Posuía duchas dorsales, lumbares, abdominales, frías e quentes, escocesas, e baño de asento, así coma un dispensario médico no que os agüistas podían seres atendidos polo médico e incluso levar a cabo algunhas análises.

As suas augas emerxen a unha temperatura que va dende os 10 aos 14 graos nos manatiais de auga sen gas a 18-19 graos nos manantiais de auga con gas. As características das augas e similar en todos os manantiais: bicarbonatadas sódicas, litínicas e fluoradas, de mineralización forte nas augas con gas e de mineralización débil nas que son sen gas. A fonte orixinal, na que e coñecida coma “Fonte do Espido” que se atopa á porta do estabrecemento, mana a 17 graos, co picorciño característico dunha auga con gas natural e un sabor ferroso polas sales de ferro que posue en disolución. O seu caudal e 42 litros por minuto.

Localización:
Aguas de Fontenova S.A.
Avda. De Sousas nº 58 32600 Verin (Ourense)
Telf. 988 410 155

 

BLANEARIO DE CABREIROÁ

O balneario de Cabreiroá atópase na aldea que lle da nome ao mesmo, á pranta embotelladora e a auga que comercializa. Cando Xosé García Barbón decide fundar este balneario, a principios do século XX, os manantiais que se atopaban en Cabreiroá contaban cunha análiise e un estudo feito polo Charing Cross Hospital. Pouco tempo despois, será Santiago Ramón y Cajal, quen faga un análise desta auga e finalmente, será declarado de utilidade pública en decembro de 1906, fai pouco más de cin anos.
Entre 1910 e 1936 consegue un gran esplendor, que se truncou durante a Guerra Civil e motivou a sua transformación en cuartel e hospital. Tras unha posterior reapertura pechou definitivamente as suas portas no ano 1961.

O deseño do balneario de Cabreiroá está baseado no mesmo concepto de “Cidade das augas” que deu orixe aos grandes complexos de Mondariz e A Toxa. Ainda que pola cercanía á vila de Verín, non chegou a desenvolver íntegramente o concepto, rematando nun complexo de menor entidade, constituido por un hotel con xardín -e un edificio de líñas severas cunha escaleira monumental na entrada, e composto por un recibidor, salóns de baile e xogos, comedor e cuartos amplos-, o pabellón de augas -que ten unha pranta octogonal e está edificada en ferro e pedra-, o bosque e o parque, e posteriormente, a pranta envasadora.

As augas de Cabreiroá son bicabornatadas sódicas. Emerxen a unha temperatura de 16 graos, cun caudal de 8 litros por minuto. A concentración de anhídrido carbónico, bicarbonato sódico, bicarbonato lítico e bicarbonato potásico non se da noutras augas acídulas alcalinas da península e moi difícilmente e atopable noutros manantiais europeos.

 


Estas augas, inodoras, transparentes e de sabor agradable -e suavemente picantes-, son bicarbonatadas, sódicas, litínicas e acídulas -mentras que as utilizadas para o envasado sen gas son de mineralización débil, as empregadas para o embotellado con gas son de mineralización forte-. A sua principal indicación son as afeccións das vías urinarias -cólicos nefríticos, cálculos, nefrite e pielonefrite, cistite, infecciones urinarias-, para trastornos gastro-hepáticos e biliares -cóma dispepsias, gastrites, cólicos hepáticos, alteración da vesícula, calculose ou ictericias- e os metabólicos -coma a hiperurcemia e a diabetes-. A maneira de administración e o uso da auga en bebida, o pe do manantial, en tomas reguladas e progresivas durante uns 15 días, acompañadas dun  réxime alimenticio.

Actualmente as augas de Cabreiroá son comercializadas embotelladas con o sen gas, constituindo unha das empresas máis importantes de Galicia neste sector. E o pabellón de augas está aberto ao público para a toma gratuita das augas.

Localización: Aguas de Cabreiroá S.S.
Acceso Balneario de Cabreiroá S/N
Telf. 988 590 015

 

MANANTIAL DE SOUSAS

En 1859 foron declaradas de utilidade pública, conxuntamente coas de Caldeliñas; e en 1867, a instancia de Hermenegildo Guitián, gobernador de Ourense, construiuse o paseo que unía a vila do Támega coa fonte. En 1892 arranxouse a fonte, dotándoa dunha arqueta pechada cun cristal, que garantizaba a asepsia e preservaba a composición da auga; e se construiron o pabellón de augas -de 10 metros de diámetro-, un paseo-galería -de 70 metros-, as primeiras instalacións da embotelladora, os despachos e os xardíns.

O balneario consegue o se máximo esplendor no primer tercio do século XX , ainda que co paso dos anos esta relevancia evoluciona ata o sector embotellador, convertíndose na segunda empresa de envasado de augas de Galicia. Con todo, o pabellón de augas segue aberto ao público, para a toma gratuita das augas.

A auga para o embotellado obtense de duas captacións: un sondeo, de 30 metros de profundidade, de donde se extrae a auga de envasado con gas e outro, de 110 metros de profundidade, que se utiliza para o envasado de auga sen gas.

Oito manantiais proporcionan o caudal co que Sousas embotella a sua auga mineiro medicinal. Aproximadamente, o 95 por cento da auga que comercializa e sen gas e tan so entre un 3 e 5 un por cento de gas. A temperatura de emerxencia e de 16 graos e a pe da fonte do balneario a auga posue unha lixeira cantidade de gas carbónico. Son augas bicarbonatadas, sódicas, litínicas e fluoradas. A presenza de sulfuros e mínima, pero o suficiente para darlle un leve olor característico.

A augass de Sousas están especialmente indicadas na disolución das pedras e cálculos renais formados polo ácido úrico ou o ácido fosfórico. Gozan dun gran valor diurético e son recomendadas para case todos os problemas das vías urinarias e algunhas do aparello dixestivo coma dispepsias e gastritis. Os tratamentos desenvólvense por vía oral, bebendo unha cantidad crecente cada día durante períodos que normalmente van entre os 9 e os 15 días. A propiedade, se ben centra toda a sua actividade económica no embotellado e distribución de auga de mesa, mantén aberto o pabillón de bebida de maneira gratuita para os agüistas que se acercan alí a tomar as aguas, na tempada que vai dende o 15 de Xuño ao 15 de Setembro

Localización: Euroinversiones Aguas de Sousas S.L. Unipersonal
Avda. De Sousas nº 126
32600 Verín
Telf. 988 410 230

 

MANANTIAL DE CALDELIÑAS

A pesar de que non existen referencias históricas ata principios do século XIX, a sua historia e complementaria á Fonte de Sousas, xa que ofertaba o uso balneoterápico que non posuía Sousas, e incluso pertencían ao mesmo propietario. En 1854 foron analizadas por A. Casares e declararonse, ao igual cas de Sousas, de utilidade pública en 1859.

 

O balneario foi construido a finais do século XIX, e ainda que na actualidade atópase en ruinas -tras seres pechado ao público en 1960-, ainda podemos contemplar a beleza da sua construcción. Dito balneario consta de dous edificacións: unah, o carón da estrada, na que están situadas os manantiais, tres piscinas para baño colectivo, os vestiarios e un depósito de almacenamento de auga para o outro edificio; en ese segundo, estaban ubicados, en cada lateral, os baños -un para cada sexo- e os complementos de hidroterapia -duchas, salas de inhalación-.
As augas nacen en terreno arcilloso acompañadas de bastantes burbullas, nunha fonte que vai a desembocar nunga pequena piscina -na que existían uns filamentos verdes familia das hidrofitas-, na que tamén brota auga con bastantes burbullas de gas.

O caudal e de 83 litros/minuto e a temperatura de 24ºC.  Esta auga e diáfana, incolora, inodora e de sabor lixeiramente alcalino (de mineralización media, bicarbonatados-sódicas, fluoradas e litínicas) e estaban indicadas para as dolencias da pel e sus más os seus mais ou menos reumáticos -mediante baño e técnicas externas-.

Localización: Atópanse situadas no pobo de Caldeliñas, a 4 km de Verín.

 

FONTE DO SAPO

A  Fonte do Sapo está situada a 2 kilómetros de Verín, pola Avenida de Castilla, en dirección a Madrid. Antes de chegar á gasolineira, tomamos un desvío á esquerda, e seguindo todo recto, a uns 800 metros, atopamos dita fonte, unha das máis concurridas da zona.

Este manantial nace de abaixo a arriba, entre rochas, e está cuberto por losas dunha peedra, coma una fonte rústica. O caudal e constante, non moi abundante e a temperatura fría.

A súa composición e semellante as restantes de Verín: alcalina, de sabor agradable, bicarbonatado-sódica, litínica, fluorada e lixeiramente sulfurada.  Tómanse só en bebida, para o aparato gastro-hepático e para os trastornos urinarios.

 

UNHA AUGA PARA CADA PRATO..

As augas clásicas e marcadas (aquelas máis gaseadas), son as apropiadas para os primeiros pratos, entrantes, entremeses..., porque estimulan o apetito.

Para as ensaladas, as augas efervescentes son as máis indicadas. Para os mariscos, resultan más idóneas as augas sen gas, pero tamén as lixeiras, xa que producen un contraste de sabores, deixando texturas adicionais ao paladar.

Para os primeros e segundos pratos, independientemente de que sexan carnes ou pescados, as augas sen gas, lixeiramente gaseosas ou efervescentes, son as máis indicadas, ainda que as carnes vermellas casan mellor con augas efervescentes ou clásicas.

Os postres deben ir acompañados de augas sen gas ou efervescentes, para evitar a acidez de estómago e axudarnos a dixerir os alimentos. A temperatura ideal da auga no intre do suu consumo e de entre 12º e 16º.

< Setembro 2017 >
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30