• balneario_cabreiroa7.jpg
  • hotel_cabreiroa2.jpg
  • balneario_sousas3.jpg
  • balneario_sousas1.jpg
  • balneario_cabreiroa5.jpg
  • cabreiroa1.jpg
  • sousas2.jpg
  • kiosko_cabreiroa.jpg
  • hotel_cabreiroa3.jpg
  • balneario_caldelinas3.jpg
  • balneario_cabreiroa01.jpg
  • balneario_cabreiroa1.jpg
  • interior_kiosko_sousas2.jpg
  • balneario_cabreiroa4.jpg
  • Sousas.jpg
  • balneario_sousas2.jpg
  • interior_kiosko_sousas3.jpg
  • caldelinas.jpg
  • balneario_caldelinas1.jpg
  • interior_kiosko_sousas.jpg
Imprimir

POCTEP:

Aprobado pola Comisión Europea o 25 de Outubro do 2007, o Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013 promove o desenvolvemento das zonas fronteirizas entre España e Portugal, reforzando as relacións econímocas y as redes de cooperación existentes entre as cinco Áreas definidas no Programa.

Este Programa permite aproveitar as amplas redes de cooperación existentes que se veñen desenvolvendo dende 1989, con execución de proxectos de infraestruturas materiais, ás que se foron incorporado progresivamente outros sectores coma o turismo, servizos sociais, medio ambente, innovación tecnolóxica, sanidade, educación ou cultura.


ZONAS ELEXIBLES E ÁREAS DE COOPERACIÓN

O Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013, abarca un territorio composto por 17 NUT III fronteirizas, territorio que constituirá o séu ámbito básico de aplicación.

Provincias Españolas: Ourense, Pontevedra, Zamora, Salamanca, Cáceres, Badaxoz e Huelva.

Rexións NUT III portuguesas: Minho-Lima, Cávado, Alto Tras-os-Montes, Douro, Beira Interior Norte, Beira Interior Sul, Alto Alentejo, Alentejo Central, Baixo Alentejo e Algarve.

En casos especiais, poderán ser financiados proxectos desenvolvidos en zonas adxacentes ás de ámbito básico e que se atopan identificadas no Programa.

A superficie total do territorio que abarca o Programa e de 136.640 Km2 (23,5 % do espazo ibérico) e conta cunha poboación superior aos cinco millóns de habitantes, o que representa preto do 10% da poboación total dos dous Estados.

O Programa estructúrase en 5 áreas de cooperación, respetando así as particularidades dos territorios da maior fronteira interior da Unión Europea:

· Galicia / Norte de Portugal
· Castela e León / Norte de Portugal
· Castela e León / Centro de Portugal
· Extremadura / Centro / Alentejo
· Andalucía / Alentejo / Algarve

POCTEP